UU.AA. pide que non se esquezan as débedas de ‘Artesanos de la Carne’ cos gandeiros individuais

O sindicato Unións Agrarias reclama que na venda ao grupo Coren da firma Artesanos Gallegos de la Carne, non se esquezan as débedas que esta ten cos gandeiros individuais. Un total de 62 explotacións que teñen impagos por valor de máis de 600.000 euros.

Para a organización agraria, resulta positivo que a través da compra pola cooperativa ourensá se dea continuidade á actividade da planta de Castro Ribeiras de Lea, pero agarda que a viabilidade da mesma non implique esquecerse das débedas coas pequenas explotacións “posto que moitas delas atópanse nunha situación económica xa moi difícil polo estancamento desde hai anos dos prezos das súas producións”.

Unións Agrarias lembra que no informe do administrador concursal de Artesanos Gallegos de la Carne, reflíctense a existencia de uns 10 millóns de euros en activos, (instalacións, maquinaria, existencias, etc)  polo que tendo en conta o prezo de compra que se ten publicado, hai marxe suficiente para non deixar no camiño a ninguén, nin aos traballadores nin as explotacións que entregaron a súa produción sin recibir nada a cambio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com