Vanessa Somoza, membro da dirección de EU Lugo, estivo esta mañá na concentración convocada polo sindicato CC.OO. en Lugo para denunciar as prácticas antisindicais da ONCE e reivindicar a estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón.
Somoza asegurou que “a non renovación de contrato da traballadora Begoña é un caso de represión sindical que se une á precariedade laboral que están a sofrer as traballadoras e traballadores da ONCE”. Vanessa Somoza lembrou que moitas e moitos vendedores teñen “contratos en fraude de lei” e “a ONCE está a reducir drásticamente o número de vendedoras e vendedores con discapacidade visual”.
Por todas estas cuestións, a membro da dirección de EU Lugo ten claro que “a ONCE, en vez dun elemento de inclusión social, está a ser un negocio que só pensa en incrementar o beneficio”.
“Por iso reclamamos melloras nos dereitos laborais para as traballadoras e os traballadores, esiximos liberdade sindical e incidimos en que a ONCE ten que recuperar a función social”.
Feb 15, 2020 - 11:16 PM
e varios de Podemos tamén, que se sepa