Vanessa Somoza: “O patrimonio cultural é a seña de identidade dun país”

Acceso universal e público á cultura, prezos xustos para a enerxía ou loitar contra a temporalidade, son algunhas das medidas que En Común – Unidas Podemos, leva no seu programa para os vindeiros comicios. Así o deu a coñecer Vanessa Somoza, número 1 desta formación para o Congreso por Lugo.

Para esta deseñadora gráfica sarriá, mellorar as cifras do emprego e asegurar emprego de calidade, é primordial para a nosa provincia. Tanto é así, que a propia Somoza fala dende o coñecemento, ela mesma tivo que irse ás Canarias para poder exercer a súa profesión. Dende logo, unha experiencia que lle valeu para ter, máis claro, o que a provincia de Lugo precisa.

Na entrevista concedida a este medio, Somoza deixou clara a súa postura -e a do seu grupo- ao respecto do futuro de Alcoa, das comunicacións por estrada e por ferrocarril, así como da cultura, ou o apoio á natalidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 07, 2019 - 11:26 PM

    Bla Bla Bla. É veña contos….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com