Son seis os militantes de LugoNovo que forman parte de Marea Galeguista, a candidatura conformada por En Marea, Partido Galeguista, Compromiso por Galicia e diversas mareas municipalistas, entre elas Lugonovo.
Marea Galeguista concorre ás vindeiras eleccións ao Parlamento Galego cun proxecto de país, proxecto que definen como “aberto e progresista, con vontade de poñer en valor o feminismo, a xustiza social e o ecoloxismo”
Na candidatura da Marea Galeguista pola provincia de Lugo, encabezada polo xeólogo ambiental IvánRodríguez Lombardero, atópanse varias persoas que tamén forman parte de LugoNovo, entreas que destacan Teresa Burgo, número 4 da lista, avogada laboralista vinculada á loita sindical, e no movemento feminista. No número 5 da candidatura figura Paco Villanueva, vinculado ao movemento sindical da sanidade, e ao mundo do deporte. Paula González, economista e traballadora dunha das máis importantes empresa de Lugo, ademais de ser representante de estudantes da Uned, ocupa o número oito . Victor Álvarez, concelleiro de LugoNovo na anterior lexislatura, sitúase no número 11 da candidatura. Álvarez é técnico na área de agrícultura na Xunta de Galicia. Síguelle na lista, Sagrario Fernández (Marisé), da área social no HULA e Presidenta dunha asociación en defensa dunha vivenda xusta. Cristina Pérez, que fora voceira de LugoNovo, pecha a lista desta candidatura que ven tomar o relevo da lista que hai catro anos encabezara o maxistrado Luís Villares.
Segundo aseguran, apostan pola Marea Galeguista “ao entender que debemos aproveitar esta oportunidade para facer do noso un país mellor, máis xusto, feminista, solidario e sustentable”. Reivindican, tamén, a “importancia das persoas e a protección das súas vidas”, polo que ven necesario “dispoñer das condicións materiais para que a liberdade poida ser exercida”.
Todas as candidatas de LugoNovo coinciden na necesidade de “tomar medidas de xeito inmediato para que ninguén quede atrás”, pois segundo aseguran “non queremos que as persoas que se viron obrigadas a marchar por falta de expectativas perdan a esperanza de volver”.
Xuñ 15, 2020 - 11:09 PM
Canto memos chama a atención que o Sr. Luis fora parte militante de Podemos, partido integrado en Lugonovo, ademáis de concorrente en Marea nas últimas eleccións autonómicas.
Polo resto, decir que o aporte de Lugonovo á política municipal foi prácticamente nulo. Rompeu no concello, primeiro Podemos e logo Anova ca baixa de dous de tres concelleiros. Tamén no Parlamento galego, a dereita nacionalista por un lado e Podemos e EU por outro, con amenazas de tribunales.
Xente de consenso…
Xuñ 15, 2020 - 10:19 PM
O que din os políticos no seu programa é responsabilidade de quen os cree.
Xuñ 15, 2020 - 08:58 PM
Todo ben, isto é a democracia, agora a cidadanía que elixa, pero unha cousiña: ésta formación é galeguista de dereitas ou non? . Non vale xogar co despiste do lenguaxe , sí ou no ?.
Xuñ 15, 2020 - 09:39 PM
Luis Díaz haberá que ler o programa, como toda a vida
Xuñ 15, 2020 - 09:43 PM
Luis Díaz ,dende o respecto que teño Pola tus formación non erais os que deciais nin dereitas nin esquerdas en defensa dos de abaixo ,do 99% da xente ,pois iso e Marea Galeguista,que hai xente de esquerdas tradicional,r tamen do centro Galeguista pois tamen,pero soio fai falta leer as 20 medidas que propoñen para definilos,e digo isto sin estar ahí ,pero por favor non poñerllo mais fácil a Feijoo,non e o teu enemigo a Marea
Xuñ 15, 2020 - 10:18 PM
Manuel Maria Lourido Aguiar Si, xa sei que o decía meu partido,nin dereitas nin esquerdas, nin branco nin negro, ¡qué chorrada!, de aí o de non xogar co lenguaxe. A Discoteca que quería pa facer Caixa a todolos públicos, ao final ou “elexia” ou cerraba. Ahí lo dejo.
Xuñ 15, 2020 - 10:22 PM
Paula Gonzalez Fernandez, o que din os políticos nos seus programas é responsabilidade de quen os cree
Xuñ 15, 2020 - 10:37 PM
Luis Díaz Marea Galeguista concorre ás vindeiras eleccións ao Parlamento Galego cun proxecto de país, proxecto que definen como “aberto e progresista, con vontade de poñer en valor o feminismo, a xustiza social e o ecoloxismo”. Ao mellor isto che pode axudar…
Xuñ 15, 2020 - 11:33 PM
Teresa Burgo García nada novo que xa non escoitara outras veces, palabras vellas pa unha política que quere presumir de nova, ainda así, sorte, vos e a miña formación a van a necesitar. Boa noite.