Veciños da Residencia esixirán ao Parlamento galego o desdobramento do centro de saúde da Milagrosa

Unha delegación formada por veciños do barrio da Residencia e integrantes de Lugonovo asistirá mañá ao Pleno do Parlamento de Galicia para escoitar as explicacións do goberno autonómico sobre o incumprimento sistemático de desdobrar o centro de saúde da Milagrosa. A representación viaxará a Santiago nun atobús que partirá ás 14 horas dende o antigo edificio do Hospital Xeral en Lugo.

“Cómpre recordar que o Plácido Vila dá cobertura a 29.000 veciños e veciñas da cidade. Unha masificación que obriga á necesidade urxente de aliviar o exceso de cupo para poder ofrecer unha prestación sanitaria en condicións axeitadas” – advirte a edil de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz.

A formación En Marea presentaba unha batería de preguntas ao respecto cuestionando as demoras, despois de asistir a reiterados anuncios por parte do equipo de Núñez Feijoo de trasladar ás instalacións da vella Residencia parte dos servizos do devandito ambulatorio.

“Unha promesa que, ate o momento, só se pode cualif icar de publicidade – sinala a edil Cristina Pérez Herráiz – o mesmo que a vontade do goberno local por continuar pulando pola recuperación do barrio”.

A concelleira de Lugonovo afea ao executivo municipal por non ter dado, no que vai de ano, ningún paso para avanzar na revitalización desta parte da capital e por “non axilizar os trámites para propiciar sendos encontros co Conselleiro de Sanidade e co Subdelegado do Goberno como se acordara na última reunión da Mesa de Traballo específica”, advirte Pérez Herráiz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com