A Voceira Socialista en Antas de Ulla avanzou que a súa agrupación manterá un encontro aberto a todas as veciñas e veciños, mañá sábado día 14 de decembro ás 5 da tarde, no Hotel Restaurante Val na que tamén participarán os deputados autonómicos Luis Manuel Álvarez e Julio Torrado.
A socialista remarcou que “dende o Grupo Socialista estamos profundamente preocupados pola falla de xestión, e pola pouca preocupación do Goberno do PP por mellorar as infraestruturas e dotacións públicas da nosa vila”, dixo. Argumenta que “no se que refire as prestacións sanitarias ata non fai moito tempo contabamos con 3 facultativos na consulta do centro médico. Pero temos que denunciar que nos últimos meses repetiuse a situación de contar cun só médico, que en ocasións ven de ter garda toda a noite, e cando chega a Antas de Ulla pode acumular as consultas de dous médicos”, criticou.
A voceira tamén denuncia carencias en materia educativa. “Actualmente contamos cunha escola infantil que ten un local de dimensións reducidas, e que ademais non reúne as condicións axeitadas de traballo para que as profesionais podan atender correctamente aos alumnos e alumnas”. Nesa liña tamén advirte que “os integrantes da AMPA necesitan un espazo axeitado para levar a cabo as súas actividades”, insistiu.