Veciños de Cortes e San Xoán de Loio terán nova rede de auga potable

Preto de 200 veciños das parroquias de Cortes e San Xoán de Loio beneficiaranse da nova rede de auga potable que se executará grazas á colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello
de Paradela.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen, acompañado do alcalde da localidade, Jose Manuel Mato, visitaron esta mañá os espazos onde se desenvolverán estas obras e presentaron o proxecto construtivo ante a veciñanza.

O Goberno galego reserva para estes traballos un investimento de 350.000 euros que se corresponden co orzamento de licitación desta obra segundo o publicado esta mesma semana no Diario Oficial de Galicia. A actuación proxectada busca ampliar este servizo ao universalizar o abastecemento de auga potable nestes espazos rurais, en concreto, permitirá a súa distribución nos núcleos da Tellada, Parrocha, As Cortes, Vilachá, Pacios e Loio, onde ou ben carecían del ou ben sufrían avarías frecuentes.

Ademais de abastecer aos fogares particulares, a nova rede tamén dará servicio á ampla cabana gandeira, que segundo o censo de Consellería de Medio Rural é de máis de 40 cabezas de ovino, 536 de bobino e 499 cabezas de gando porcino.

Plan de xestión do lobo

Noutro orde, esta mesma Consellería avalía cos sindicatos agrarios a revisión dos baremos por danos e a adaptación do Plan de xestión do lobo á realidade actual da especie. Así, en consonancia co compromiso adquirido por esta Consellería, a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos representantes sindicais co fin de coñecer as súas propostas de cara á planificación do 2018, en canto ás medidas que permiten combinar a conservación dos animais coa viabilidade das explotacións gandeiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com