Veciños de Garabolos convocaron unha nova concentración hoxe ás 20:30 para pedir un paso seguro na Avenida da Coruña, entre os portais 362 e 371. Os veciños denuncian que esta zona está actualmente ocupada por un muro que convirte eses metros da beirarrúa nun dos lugares máis perigosos do casco urbano de Lugo para os peóns.
Dende o colectivo apuntan que este punto é “sumamente perigoso”, xa que cando unha persoa se cruza de fronte con outra, unha das dúas ten que baixar á calzada. Unha situación que se agrava cando pasan persoas en cadeira de rodas ou carros de bebé, que non logran pasar.
O portavoz da iniciativa, Manuel Rivas sinalou que nos últimos días tiveron contactos co Goberno local “pero aínda non vemos intención clara de que queiran solucionar este problema, polo que tomamos a decisión de seguir a mobilizarnos ata que poidamos camiñar con seguridade”. Deste xeito, anuncian que seguirán concentrándose cada dúas semanas de forma ininterrumpida até que se solucione esta cuestión.
A protesta estará apoiada por diferentes colectivos veciñais así como da asociación Con Lupa (Asociación cidadá contra a letra pequena- Con Lupa).
Achegamos cartaz da convocatoria. Grazas. Saúdos