A veciñanza da contorna de Nadela participaron nunha concentración simbólica nocturna acendendo as linternas dos seus móbiles ao pé da rotonda, co obxecto de mostrar a nula iluminación deste punto.
Esta rotonda é a arteria principal para accecer e sair de Lugo, que conecta a N-6 coa A-6 que da acceso ao núcleo de Nadela onde conflúe a saída á LU-546 que leva aos condutores ao municipio de Sarria pola estrada vella pasando por Santa Comba e que da acceso ao corredor Lugo-Monforte.
A falta de iluminación fai perigoso este punto e xa se teñen producido accidentes por falta de seguridade vial. A voceira do PP, Elena Candia, presente na manifestación declarou que “é incomprensible que Ministros socialistas se paseen por Lugo e que estas visitas non traían nin investimentos, nin tan sequera xestos para mostrar unha cidade acolledora acendendo as farolas que hai nesta ubicación”.