Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse, de novo, esta mañá, diante deste edificio en protesta da situación na que a Xunta de Galicia mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa.
O goberno galego do PP négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como pediatría e nin tan sequera cubre as baixas médicas xustificadas por enfermidade ou días libres. Os viveirense levan 3 meses denunciando dita situación pero o Sergas non tomou ningunha medida ao respecto.