Esta tarde, varios vehículos acabaron danados por mor dunha xunta de dilatación levantada no quilómetro 464 da A-6 en sentido Madrid.
Foron varios os condutores afectados que chamaron ao 112 Galicia, indicando que tiñan danos nos seus vehículos. De feito, advertían de que había máis de seis coches afectados e que o tráfico era moi intenso no punto.
Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.
Foto:Arquívo