A velocidade máxima de 30 km/h na Piringalla entrará en vigor a semana que vén

Os traballos para o cambio de sinalización no barrio da Piringalla que anunciara o goberno local hai unhas semanas, arrancaron esta semana e entrará en vigor a nova velocidade máxima permitida a finais da que vén. Os traballos comezaron polo repintado das sinais horizontais para logo instalar a verticais.

Deste xeito, e segundo indicou a Alcaldesa, Lara Méndez, a rúa Santo Grial, no tramo comprendido entre a rúa Lavandeira e Angelo Colocci, e a rúa Angelo Colocci, entre Santo Grial e Gallego Tato, serán zonas limitadas a 30 km/h. O Goberno adopta estas medidas nunha contorna co colexio con máis alumnado matriculado da cidade, o Luis Pimentel, e con dous institutos que concentran uns 1.000 rapaces e rapazas – Muralla de Lugo e Ánxel Fole-. Ademais, cumpre un acordo plenario, o de dotar de zonas 30 no entorno dos centros escolares, ao igual que fixo xa na Avenida Ramón Ferreiro e na rúa Rodríguez Mourelo o pasado mes de outubro.

O Goberno de Lara Méndez entende a mobilidade como “unha constante”, que engloba tanto grandes obras, como pode ser o proxecto de reforma da Volta da Viña vinculada á peonalización da Calzada da Ponte; como pequenas actuacións,”todas elas necesarias e complementarias”, como esta sinalización, “que persegue mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños”.

Ao mesmo tempo que se produce este cambio de velocidade, tamén se repinta a sinalización de 9 pasos de peóns nestas rúas, e outros catro en Gallego Tato, onde recentemente se instalaron pasos de peóns con luces led. Complementarase a acción co repintado das marcas viais e os tres pasos de péons do cruce de Santo Grial con Mar Cantábrico e Manuel María. Paralelamente, tamén se realizará o cambio circulatorio na rúa Avutarda, pasando a ser de sentido único, todo elo coa finalidade de mellorar a seguridade e a circulación da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com