Velocidades

Enséñanme unha multa por exceso de velocidade na saída de Lugo cara A Coruña, onde hai un sinal de sesenta, medio agochada, que os habituais coñecemos como trampa para automobilistas que se confían pensando que xa non hai limitación algunha.

Á saída da cidade hai un lóxico límite de cincuenta por hora para moderar o tráfico, que logo sustitúe un de oitenta, pero uns centos de metros despois, cun seto que tapa o novo sinal, hai unha limitación de 60, que non se sabe por que está alí, preto duns concesionarios de coches e un establecemento hosteleiro pechado hai anos. Pouco despois, un novo sinal de 80, deixa como un lapus o breve tramo que parece pensado para cazar incautos.

Ninguén recoñecerá afán recaudatorio, impulsado por quen corresponda, pero a situación que dura xa ben anos é abondo sospeitosa de que a seguridade é algo accesorio, sendo principal facer que os infractores paguen economicamente a súa culpa. E isto non é de agora, senón de sempre. Se non, a saber por que un dos sitios de control preferidos é o cruce de Rábade, na saída da autovía, ou porque se fan controis en lugares que sorprendemente quedan preto de lugares onde se celebran festivamente vodas, bautizos e banquetes.

Mirando atrás, cando o tráfico circulaba pola Nacional VI, en Begonte situábase un coche de Tráfico que sacaba fotos dos vehículos infractores, e cando acababan dous carretes – a capacidade das máquinas era limitada – consideraban rematado o control. Quizais todo agora está automatizado, e non fai falla facer fotos porque unha máquina se encarga de recaudar as aportacións dos conductores aos orzamentos do Estado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com