Olalla Rodil e Daniel Castro viaxaron a Ourense en ferrocarril co obxectivo de “evidenciar o sufrimento das persoas de Lugo día a día cando precisan utilizar un tren do que carecemos na provincia”
Pasada a primeira hora de viaxe, atópanse en Oural, “un percorrido que en coche leva uns 27 minutos. O tren atópase detido debido a unha avaría técnica, sen ter claro que vaian chegar até Monforte de Lemos en tren ou se será preciso cambiar ao autobus”.
“Isto é un exemplo perfecto do illamento ferroviario no que se atopa Lugo, froito de desleixo e abandono de forzas estatais”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “Galiza necesita goberno forte con Ana Pontón e o BNG á fronte que defenda os intereses das galegas e galegos, especialmente da xente de Lugo”, rematan.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.