O CD Lugo volveu gañar na casa, derrotando por un gol a cero á UD Almería. O tanto, obra de Carlos Hernández, premiou ao mellor equipo no día de onte. Formulación arriscada, equilibrado na execución e efectivo que engade tres puntos máis para un equipo en refacho.
Satisfeito, pero realista, o adestrador do equipo lucense, Luís Milla destacou na comparecencia de prensa posterior ao partido, a calidade e cantidade do traballo realizado polo seu equipo no choque coa UD Almería, recalcando eso si, o longo camiño que aínda queda nesta tempada que acaba de comezar.
O técnico volveu insistir no peso crave da xente que entra desde banco, Milla afirma que están a asumir un papel protagonista a cada oportunidade dada, o que reforza segundo as súas palabras, a liña de participación trazada ata o momento.