Baixo un sol de xustiza e preto dos 30 graos o Club Deportivo Lugo consegue a súa primeira vitoria da tempada na casa, cun gol de Abel Molinero xa no tempo de desconto.
Durante a primeira parte o Lugo careceu de fluidez e cun Llagostera moi ben posicionado, os locais apenas puideron achegarse á portería contraria. Xa na segunda parte, os locais tiveron unha boa oportunidade cun remate de Caballero, pero foi no tempo de desconto cando o Lugo puido facerse coa vitoria e conseguir tres puntos e a súa primeira vitoria da tempada.