Na axenda deportiva desta fin de semana, hai que destacar a remontada do Club Deportivo Lugo fronte ao Barcelona, cun resultado final de 3 a 2.
Escoitamos a valoración do adestrador Quique Setién, en rolda de prensa posterior ao partido:
Pola súa banda, Ribeira Sacra Breogán conseguiu vencer ao Clínicas Rincón por 73-80, continuando deste xeito nos postos máis altos da clasificación.
Por último, Prone Lugo descendeu finalmente a Segunda División a falta de seis xornadas para finalizar a tempada, o sair derrotado no derbi provincial ante o Burela por 3 a 7.