Lugonovo ven de anunciar que Victoria Esteban Riesco ocupara o escano que deixou Santiago Fernádez Rocha no consistorio. A nova concelleira, ocupou a sexta posición na candidatura electoral que en 2015 conseguiu tres cadeiras no consistorio.
A aceptación da acta farase efectiva no vindeiro Pleno Municipal. Coa incorporación de Victoria Esteban, o actual grupo municipal composto por Cristina Pérez e Iñaki García gaña, segundo a plataforma política, un novo perfil político vinculado á defensa do ensino público.
Esteban naceu en Lugo, é mestra e dirixe o CEIP Luís Pimentel e foi unha das fundadoras de Lugonovo. Pertence á Coordinadora da organización, labor que compaxina co traballo en “En Marea”, onde forma parte do seu Consello e Coordinadora, e onde exerce o posto de vicevoceira.
Coa entrada como concelleira de Victoria Esteban, Lugonovo “asume a reestruturación do Grupo Municipal como unha prioridade que a Coordinadora e a Asemblea da organización abordarán proximamente co obxectivo de optimizar o traballo no Concello como unha das facetas imprescindíbeis do traballo político xeral”.