Vidal Baamonde entrega os premios do Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, entregou os premios aos gañadores do IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses, que organiza o Executivo Provincial. Nesta ocasión o tema central foi a harmonía entre persoas e natureza nestes espazos naturais, no que se buscou a integración destes dous factores.

Foron 3 os premios concedidos, o 1º de 800 euros, o 2º de 500 e o 3º de 300, o que suman no seu conxunto 1.600 euros en premios. Vidal Baamonde destacou que “é un pracer entregar estes premios que poñen en valor a riqueza do noso patrimonio natural, promovendo o grande patrimonio paisaxístico e ambiental, así como os recursos naturais dos que dispoñen as Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses”.

O primeiro premio, de 800 euros, foi para Óscar Doral García, coa súa fotografía titulada Ocaso castrexo. O segundo premio, dotado con 500 euros, foi para Daniel Sánchez Enjuto, por El instante. E o terceiro premio gañouno Antonio José Fernández Hevia, coa súa fotografía A espera.

Durante o acto de entrega de premios, o Deputado lembrou que a V edición deste certame xa está en marcha. As persoas participantes deberán entregar as imaxes recollidas nun CD e tamén copia en papel fotográfico, dentro dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor/a, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo electrónico,  título da obra e lugar onde se realizaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com