O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, recibiu no Pazo de San Marcos aos participantes do V Rally Turístico Terras do Incio, co que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros, dentro da súa aposta polo turismo como dinamizador da economía lucense. No evento participan familias chegadas de distintos puntos do país. En total son 25 coches clásicos, entre os que destacan un modelo Maseratti Vignale, valorado nun millón de euros, un Morgan, un Jaguar 120XK, un Mustang do ano 1964, un Rolls Royce-Corniche, un Aston Martin DB6 e un Mercedes 190 SL, entre outros.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.