A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organiza a Oitava edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 10 de agosto no Club Fluvial de Begonte, “un dos poucos festivais cunha programación íntegra en Galego, que apoia a grupos emerxentes e que nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente por mulleres. Unha aposta pola lingua e por dar visibilidade á muller nos escenarios”.
Desta volta subirán ao escenario, desde a Mos, o grupo de música tradicional, Lagharteiras, mozas pandeireteiras, gañadoras de multitude de concursos e cunha traxectoria ben recoñecida e que este ano son a representación feminina do festival. Logo das cantareiras, subirá ao escenario, chegados da parroquia veciña de Saavedra, Filophóbicas, grupo de punk rock con letras comprometidas e melodías potentes. Para rematar, O Puto Coro do Exército Froilanista, grupo de letras con retranca, ácidas e politicamente incorrectas, que serán os que poñan o punto e final a esta este oitava edición.