O venres 11 de decembro comezará o VIII Torneo Scacorum de Xadrez de ritmo lento. Disputarase no albergue Lug2 e dará comezo ás 17 horas. O torneo xogarase a cinco roldas e cada xogador dispoñerá para xogar a súa partida de noventa minutos máis trinta segundos por xogada.
Este torneo está organizado pola Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de diferentes organismos e empresas privadas. Será unha gran ocasión para a canteira lucense poder xogar contra xogadores cun alto nivel xadrecísticos. Como é lóxico, a comunidade galega é a que máis xogadores achegará. Os xogadores loitarán por uns premios valorados en 1200 euros e ademais os escolares terán premios.
O calendario de competición será o seguinte:
Rolda Data Horario
1 11 de decembro 17:00 horas
2 12 de decembro 10:00 horas
3 12 de decembro 17:00 horas
4 13 de decembro 10:00 horas
5 13 de decembro 16:30 horas
Os desempates sortearanse entre:
Bucholz mediano, quitando o peor resultado, Progresivo e Número de partidas xogadas.