Vilalba Aberta aproba un novo Código Ético no que se limita a 25.794€ netos a retribución anual do Alcalde

O candidato á alcaldía de Vilalba Aberta, Modesto Renda, percibirá, de ser o vindeiro Alcalde, un máximo salarial neto de 25.794 euros netos anuais. Así o ven de aprobar a asemblea da formación, no marco dun novo Documento Ético que se proxecta substituto do redactado para a lexislatura 2015/2019.

Un novo código de prácticas e accións concretas, de obrigado cumprimento para os cargos electos de Vilalba Aberta, e que os 20 membros da candidatura deberán asinar, a fin de “asegurar unha xestión política comprometida e próxima á veciñanza, con mecanismos eficaces de transparencia e rendición de contas e con espazos reais de participación e decisión dos vilalbeses nos asuntos públicos.”

Nesta liña, tamén se expoñen diversos compromisos e medidas que teñen como obxectivo garantir que todos eles poidan dedicar o tempo necesario á xestión política e ás funcións públicas e, ao mesmo tempo, “acabar cos privilexios dos que, dende hai moitos anos, é beneficiaria a clase gobernante vilalbesa.”

Un compromiso de ética política que, tal e como apuntan dende a formación, “parte da confianza e o compromiso que esta candidatura mantén coas persoas que ocuparán un cargo de responsabilidade pública, ademais de significar un mecanismo de apoio, supervisión e control á súa tarefa.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com