A asemblea de Vilalba Aberta vende anunciar a celebración dun acto simbólico e de denuncia na Rúa Nevado Bouza, a fin de poñer o foco sobre do incumprimento da Lei de Memoria Histórica no Concello de Vilalba.
No mesmo, procederase á colocación dunha placa adhesiva en homenaxe á Irmandade da Fala de Vilalba sobre da que na actualidade dá nome á rúa, honrando a memoria do xeneral Óscar Nevado Bouza. Unha personalidade, esta, que para a formación asemblearia nada ten que ver nin con Vilalba nin co compromiso que as vilalbesas/os manteñen cos valores da democracia e do cumprimento dos dereitos fundamentais do ser humano.
A celebración, fixada para as 13h deste domingo, pretende, en palabras de Modesto Renda “a denuncia dunha flagrante anomalía democrática ao tempo que se pon no lugar que lles corresponde aos vilalbeses que formaron parte dunha institución clave na defensa do patrimonio común dos galegos e as galegas, pois a defensa da Galiza, da súa cultura e do seu idioma foron os eixos principais da súa actividade e a súa razón de ser”