Vilalba Aberta esixe un desconto equivalente a un mes da Taxa de Pasaxe de Vehículos para os afectados polas obras en San Roque

Vilalba Aberta fará súas as reivindicacións da veciñanza da Rúa San Roque, logo de teren dende a formación coñecemento das molestias relativas á imposibilidade do acceso aos garaxes privados durante as máis de catro semanas de obras.

Unha limitación de máis dun mes de duración, que tal e como argumentaba na mañá de hoxe o seu voceiro, o edil Modesto Renda, “esixe da pertinente compensación pola vía dun desconto equivalente na Taxa de Pasaxe de Vehículos”. Na mesma liña, dende Vilalba Aberta trasladarán tamén a indignación veciñal ao respecto do que cualifican coma “remate cutre” da Rúa, en clara referencia á utilización de “formigón barato” e en contraposición ao formigón impreso e á “pedra de máis de 200€ o m2” utilizada – lembran – diante da casa de Agustín Baamonde.

“Formigón de recheo nunha das esquinas máis comerciais da vila e materiais nobres con pedra de máis de 10 cm diante da vivenda do Alcalde” denunciaba un Modesto Renda, que pedirá así mesmo explicacións diante do que definiu coma “unha incuestionable revalorización de bens” en contraste co aplicado na citada Rúa de Sn Roque.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com