Vilalba Aberta insta a actuar ante as eivas na sinalización viaria do Polígono de Sete Pontes

A asemblea de Vilalba Aberta ven anunciar o rexistro dunha unha nova iniciativa – a debater no Pleno Ordinario do Concello de Vilalba – co obxectivo dunha solución integral ás continuadas problemáticas relativas á deficiente sinalización viaria no Polígono Industrial de Sete Pontes.

Tal e como denuncia o seu voceiro, Modesto Renda, no que vai de lexislatura, son xa varios os contratempos en forma de accidentes sufridos por algúns veciños e/ou traballadores do Polígono debido ás numerosas carencias no seu mantemento e planificación.

“Pintura viaria que esmorece, abandono progresivo do coidado do firme e o máis total desleixo de funcións ao respecto da seguridade peonil e de circulación, que nos arroxan coma resultado un incontable capítulo de colisións fortuítas e saltos de STOP debidos – tal e como foi o caso do último – á ausencia da correspondente sinalización vertical e onde inclusive, a mesma Garda Civil lle recomendou ao afectado deixalo patente no correspondente parte”, relata Renda.

É por isto que instarán ao Goberno Municipal a que proceda á elaboración dun informe do actual estado da sinalización viaria no Polígono, coma paso previo á realización das melloras oportunas naqueles puntos que o precisen (pintura desgastada, pouca visibilidade, necesidade de sinais, obstáculos para os vehículos, falta de iluminación, etc.).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com