Vilalba Aberta propón a xestión municipal antes de privatizar o servizo de catering do Basanta Silva

A asemblea de Vilalba Aberta ven de presentar a súa primeira proposta ao Pleno de cara ao ordinario deste mes de setembro e faino logo de ter saído a luz pública a posibilidade de que o servido de comedor do IES Basanta Silva, poidera ser xestionado de xeito indirecto por unha empresa privada de Catering de Salamanca. A iniciativa, relativa á garantía da xestión directa diante da posibilidade de que o servizo de comedor corra a cargo dunha empresa allea, busca o compromiso vinculante do Goberno Municipal no caso de existir ese risco e conta entre as súas liñas vermellas coa da centralización das compras baixo criterios ecolóxicos e de proximidade, ademais da dunha contratación directa de persoal pola vía dun concurso público, aberto e publicitado.

A normativa en vigor no tocante á xestión dos comedores escolares prevé a posibilidade da xestión municipal pola vía da formalización da firma dun convenio. É por isto, que dende a formación consideran fundamental que diante da posibilidade de calquera outra fórmula, o Concello sexa quen asuma o control defendendo este modelo e entendendo a xestión da alimentación do alumnado “coma un servizo público e non como un ben de negocio co que engrosar as contas de empresas alleas aos intereses da veciñanza e a da contorna.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com