Vilalba incrementa as prestacións municipais aos veciños coa contratación de 9 traballadores

O Concello de Vilalba reforza a prestación de servizos municipais aos veciños do municipio, coa contratación de 9 traballadores a través do DepuEmprego, o programa que o Goberno da Deputación dotou de 3,5 millóns de euros para financiar custos laborais de novos empregados nos municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, explicou que “decidimos pór en marcha esta programación, conscientes das limitacións que teñen os municipios para contratar a máis persoas co que mellorar a
prestación de servizos, debido á taxa de reposición”. Neste senso, A Deputada lembrou que no 2007 a taxa de reposición era do 100% mentres que nos últimos anos, salvo excepcións de grupos especiais, a reposición foi do 0%. “É dicir, por cada 10 traballadores públicos que se marcharon, só entrou 1 a traballar na administración, ocasionando unha merma na calidade dos servizos”, apuntou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com