Vilalba leva a pleno adherirse a un convenio para manter limpas as fincas e franxas secundarias

O pleno do Concello de Vilalba tratará no pleno de mañá unha iniciativa do grupo de goberno para a adhesión a un convenio suscrito entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e a empresa Seaga para manter limpas as fincas e franxas secundarias do municipio, evitando desta maneira o risco de incendios.

A adhesión a este convenio permite ás administracións locais ter máis medios para xestionar a biomasa, limpar as fincas e as franxas secundarias (áreas de 50 metros en torno aos núcleos de poboación que deben manterse libres de maleza e árbores). Ademais, grazas á adhesión a este convenio, o Concello de Vilalba poderá actualizar coa colaboración de Seaga o seu Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

“A loita contra os incendios é unha tarefa de todos e desde o concello queremos dar un paso máis, lembrando tamén aos veciños e veciñas a obligatoriedade de manter limpas as súas leiras para evitar sancións”, explica a alcaldesa, Elba Veleiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com