Vilalba presenta un programa para reivindicar a diversidade no mes do orgullo LGTBIQ+

O Concello de Vilalba presenta a súa programación con motivo da celebración en xuño do mes do Orgullo LGTBIQ+. Vilalba reivindicará a diversidade e visibilidade do colectivo LGTBIQ+ cunha proposta de actividades baixo o lema Vilalba non oculta, visibiliza. #VilalbaOrgullosa.

A programación iníciase o próximo venres, 18 de xuño, na Casa da Cultura coa exposición Piedras, mujeres mayores sin armarios, da fotógrafa M.J. Garrido. A mostra está cedida pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales (FELGTB) e pretende ser unha homenaxe e unha visibilización das mulleres maiores lesbianas, bisexuales e trans, que sufriron e sofren debido á LTBIQfobia, pero que tiveron a valentía de loitar contra ela.

“Con esta programación queremos contribuir a crear unha vila máis aberta e progresista, na que ningunha persoa sexa discriminada nin sinalada, na que avancemos un paso máis e ninguén teña que sufrir as consecuencias do odio sobre todo aquelo que sae fóra da norma imposta”, subliña Vanesa Siso, concelleira de Igualdade de Vilalba.

O sábado 19 de xuño o Campo da Feira acolle a partir das 22:30 unha sesión de autocine, coa película Carmen y Lola. O filme estivo nominado a 8 premios Goya, dos que recolleu dous: a mellor dirección novel, para Arantxa Echevarría; e mellor actriz de reparto, para Carolina Yuste. A película narra un romance entre dúas xitanas lesbianas nunha comunidad marcada polo conservadurismo e o patriarcado.

Doutra banda, o 25 de xuño presentarase o vídeo Vilalba non oculta. Pola non discriminación do colectivo LGTBI. A peza audiovisual lanzarase nas redes sociais do Concello de Vilalba, e en próximas datas irase avanzando máis información.

Por último, pecharase a programación co espectáculo de danza Microperspectivas dun Marica Millenial, unha proposta da compañía
Incendiarias creada en coprodución co Centro Dramático Galego. É un espectáculo íntimo e cargado de poesía que, a través da música e das artes do movemento, cuestiona as certezas impostas que predestinan a construción da identidade. Representarase o 26 de xuño no Auditorio Municipal ás 20:00  horas, as entradas serán gratuítas pero deberán reservarse en https://entradasvilalba.es/

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com