O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva descarta que vaia haber “unha guerra de clans xitanos” en Lugo malia a tensión existente entre dúas familias trala fuga dunha rapaza menor de idade que marchou da casa para casar con outro mozo tamén menor.
Villanueva sinalaba que se tomaron “medidas de seguridade xenéricas” e que se levarán a cabo as accións que fosen necesarias se se produce “algún suposto concreto” aínda que de xeito inmediato non se reforzou a seguridade por mor desta cuestión.
Segundo o delegado do Goberno a Policía xa activou o protocolo de busca de menores que implica a busca por todo o territorio nacional.