A vindeira semana comezarán as obras de acondicionamento do acceso á cova do Rei Cintolo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio  comezará a vindeira semana as obras para mellorar a accesibilidade á Cova do Rei Cintolo, no municipio de Mondoñedo, proxecto ao que destina 76.690 euros. 

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, destacou a necesidade de acondicionar este espazo para garantir a seguridade dos visitantes, xa que actualmente o acceso realízase por un sendeiro estreito e de elevada pendente.

As obras, promovidas pola Dirección Xeral do Patrimonio Natural, teñen un prazo de execución de mes e medio. 

O delegado explicou que os traballos consistirán no acondicionamento da entrada principal da cova, e comportan a construción dunha pasarela e un tramo de escaleiras. Previamente é preciso realizar labores de roza e eliminación do arborado existente, incluíndo a destrución dos tocóns. Todo o conxunto será de madeira.

No tramo inicial é preciso a construción dunha pequena ponte de 7 metros de luz para salvar un rego innominado afluente do río Masma.

Para salvar o desnivel existente no tramo final, onde coincide co acceso actual, será necesario tamén construír unhas escaleiras de madeira duns 20 metros de lonxitude e 1,5 metros de ancho e pisada de 30 centímetros.

Balseiro explicou que esta actuación servirá “para impulsar un dos recursos culturais, naturais e turísticos máis salientables do concello de Mondoñedo e da comarca da Mariña en xeral”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com