Unha vintena de emigrantes ou descendentes de galegos na emigración están participando en Lugo nunha das accións do programa ‘Retorna Cualifica Emprego’, que lles procurará formación e un contrato de traballo indefinido no sector da hostalería.
O curso, que xestiona Nortempo e que se desenvolve nas instalacións da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), deu comezo a primeira semana de novembro, ten unha duración de 50 horas e a previsión é que se poidan incorporar ao mercado laboral este mesmo mes.
A iniciativa, porta en marcha pola Xunta, inclúe unha axuda económica para financiar os gastos iniciais, tanto da viaxe a Galicia coma outros de establecemento na Comunidade.