Unha vintena de empresarios acudiron hoxe ao obradoiro Exportar: Primeros Pasos, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo no marco do Programa INTERNOVAMARKET – FOOD, un proxecto de cooperación transfronteiriza, de carácter práctico e que busca dotar ás empresas agroalimentarias de Galicia e o Norte de Portugal dos coñecementos, habilidades, técnicas e instrumentos básicos necesarios para que poidan crecer rápidamente mediante a mellora da súa internacionalización, innovación tecnolóxica e capacidade de márqueting a través da posta en marcha de diversas accións con obxectivo acelerador.
María Teresa Martínez, xerente de TCM Trading Affairs Consultores, empresa especializada en facilitar a saída ao exterior das empresas, foi a encargada de impartir este taller, a través do que se trataba de proporcionar ás empresas unha primeira aproximación práctica aos pasos que debe dar un negocio con interese en exportar.
O taller estaba prioritariamente dirixido a pequenas e medianas empresas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, en especial a directivos de empresas con interese en desenvolvemento de negocio no exterior; responsables e técnicos de Departamentos de Comercio Exterior, entidades con potencial exportador e emprendedores ou interesados en internacionalización empresarial.