A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu hoxe a unha vintena de alumnos e alumnas e dúas profesoras, do centro Pankower Früchtchen de Berlín que están de intercambio co colexio Fingoi. No encontro tamén participaron mestres do colexio Fingoi.
A rexedora destacou a importancia deste tipo de intercambios estudantís en dous planos, tanto no estudantil, para completar e mellorar o currículo, como no persoal, polas experiencias vividas e a oportunidade de coñecer outras linguas e culturas.