Faltan vinte catro días (descontado hoxe e o 20D) para as próximas eleccións xerais, das que tanto se agarda e que tanto preocupan, porque se todas as eleccións son decisivas, estas moito máis.
Unha xornada electoral sempre significa moito para os grupos políticos implicados no tema, pero máis nesta ocasión, porque do resultado que se obteña depende o futuro, especialmente o que se refire a que sigamos neste estado de cousas que chamamos “constitucional” ou calquera deriva que puidera tomarse no caso de que o terremoto que se agarda supere determinados “grados” de intensidade.
O Goberno xa ten en marcha a campaña, porque a súa postura diante do desafío soberanista catalán vaille procurar un determinado número de votos que puideran estar dubidosos. Vense en coincidir en que a postura do Goberno é totalmente correcta neste tema ao terse superado todas as barreiras e límites de acción, pretende romper os vínculos co resto de España e camiñar en solitario cara a independencia do que chaman República catalana.
As críticas ao goberno neste caso véñenlle da consideración de que sexa algo tarde para a postura de firmeza diante do Goberno de Cataluña por estimarse que tiña que terlle parado os pés hai tempo; cando empezou a tomar decisións e incurrir en excesos verbais que –ao ser tolerados- animaron aos independentistas e desilusionaron aos que defenden a Constitución en todas as autonomías do Estado español.
Hai moitos que creen que a actual situación dálle a campaña feita ao Presidente Rajoy, que por fin reacciona con enerxía diante dun problema que colisiona frontalmente coa lexislación vixente. Pero tamén se estima que a súa posible vitoria non chegará para gobernar en solitario. Quedan vinte catro días… Moi pouco tempo, que viviremos todos intensamente, desfollando margaridas con iso de “Quéreme / Non me quere”, tentando adiviñar o que todos nós imos decidir o vinte de decembro. Coma sempre, a conclusión é: Por riba de todo, hai que votar. E hai que facelo co “sentidiño” que nos caracteriza de non facer nada ao tolo. Malo será que non acertemos co que sexa mellor para o país.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.