O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, recibiu esta maña no seu despacho ao delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha Orduña. Esta foi a primeira visita oficial á cidade de Lugo dende que tomara posesión en xullo do ano pasado. O coronel estivo acompañado polo subdelegado de Defensa na provincia, Ricardo Jesús Súarez Delgado
No transcurso da xuntanza, Ramón Carballo e Juan Carlos Sancha abordaron algúns dos ámbitos de actuación do Ministerio de Defensa na provincia.
As Delegacións de Defensa son órganos territoriais que se constitúen no ámbito das Comunidades Autónomas e nas cidades de Ceuta e Melilla, para a xestión integrada dos servicios periféricos de carácter administrativo do Ministerio de Defensa e dos seus organismos públicos.