A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou aos rapaces e rapazas que asisten ás Aulas Abertas, unha iniciativa posta en marcha polo departamento que dirixe. A edil acudiu ás actividades que se celebran no centro de convivencia Maruja Mallo, nunha visita que aproveitaron os rapaces e rapazas para amosar á edil o bo ambiente existente mediante a representación dun baile colectivo, no que tomou parte a totalidade dos participantes.
O Concello ofertou 540 prazas nas Aulas Abertas, unha alternativa lúdica para os rapaces e rapazas, que ademais contribúe á conciliación da vida familiar e laboral. As actividades prolongaranse ata o 31 de Agosto.