Durante unha visita ás instalacións desta entidade social en Lugo, Feijóo resaltou o compromiso desta entidade reflectido a través do seu optimismo e humildade, calidades que fixeron posible a “súa instalación no vello hospital San José. Un edificio histórico que gaña unha nova vida para axudar a moitas persoas a mellorar a súa, converténdose nun dos mellores centros de atención a persoas con discapacidade de iniciativa social de toda a Comunidade”.
Nesta liña, o responsable do Goberno galego destacou tamén a implicación neste proxecto de todas as administracións públicas: “estamos a falar da Deputación de Lugo, do Concello e da Xunta; o espírito colectivo fixo posible converter este centro nun edificio singular”,
Logo de salientar que “esta asociación leva sendo desde 1966 apoio e impulso para as persoas con discapacidade, axudándolles a atopar as oportunidades que merecen e a confianza en si mesmos que necesitan, o titular da Xunta concluíu facendo fincapé na importancia do traballo conxunto entre administracións e entidades sociais para dar resposta ás necesidades da discapacidade a través da calidade de vida e o benestar social”.
Xul 03, 2020 - 08:56 PM
Noutros cuatro anos, xa non se acorda deles.