O presidente da Comisión de Transportes do Congreso e candidato á presidencia da Xunta polo PSdG José Ramón Gómez Besteiro visito, xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, as obras de execución do viaduto sobre o río Pambre, dentro do tramo Palas de Rei – Melide da autovía A-54 entre Lugo e Santiago.
O viaduto do Pambre converterase no máis longo na rede de estradas da provincia de Lugo con preto dun quilómetro de lonxitude. O delegado remarcou a complexidade técnica deste elemento, do que se comeza agora a construción do último vano, o central, de 87 metros de lonxitude.
Durante a visita subliñaron “o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa finalización desta vía de alta capacidade, que vertebrará a partir do vindeiro ano o interior de Galicia e permitirá reducir á metade o tempo de desprazamento actual entre Lugo e Santiago de Compostela: Estamos traballando nos dous últimos tramos, 21 quilómetros cun investimento conxunto de máis de 192 millóns de euros”. A nova autovía A-54 permitirá ademais mellorar de forma definitiva, a seguridade viaria da actual N-547, tanto rodada como peonil, onde actualmente hai importantes tránsitos de peregrinos do Camiño de