Vitoria do Breogán que se enfrontará ao Leyma Básquet na primeira rolda de play off

O CB Breogán superou con claridade ao Planasa Navarra pechando a tempada regular cun balance de seis trunfos consecutivos. Sergio Llorente con 25 puntos (4/4 en tiros de 2 e 5 de 8 en triplas) foi o máis valorado do equipo lucense. Jeff Xavier anotou 11 puntos e repartiu 12 asistencias.

Co resultado final 90-72 o Breogán afronta o play off no momento da tempada. O primeiro rival do Breogán será o Leyma Básquet Coruña de Tito Díaz. O equipo herculino asinou unha moi boa liga regular que o levou a ser quinto clasificado e enfrontarase, con vantaxe de cancha, ao equipo lucense.
O primeiro encontro será o vindeiro venres 22 de abril en Riazor, e o segundo, o domingo 24 no mesmo escenario, antes de levar a eliminatoria ao Pazo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com