O terceiro encontro preparatorio na presente pretemporada levou ao CD Lugo a xogar ante o Racing Club de Ferrol. O encontro comezou cun Lugo intenso, coa intención de mandar sobre o xogo e aproximándose á meta contraria dende os primeiros minutos e era Yenko Pino quen se achegaba ao gol nun centro raso que non entraba por centrimetros. Pese aos esforzos dos de Luís César, o xogo non resultaba sinxelo e non atopaban espazos, cun Racing de Ferrol moi pechado e moi concentrado na súa retaguardia. Coa misión de atopar espazos entre as liñas defensivas rivales, o Lugo buscaba movementos de apoio e ruptura na busca de inaugurar o marcador, que chegaba ao descanso con empate a cero.
Xa na segunda metade, e pasados poucos minutos, Yelko Pino era obxecto de falta dentro da área local e o árbitro pitaba penalti para os de Luís César. O encargado de transformar a pena máxima, foi Joselu, que marcaba gol e poñía ao Lugo por diante no marcador.
O paso dos minutos deixaba ver un Racing de Ferrol cada vez máis atrevido e aproximándose cada vez máis a meta rival, mentras que o Lugo intentaba dobrar a súa vantaxe. Cun remate de cabeza de Igor que se escaba por moi pouco, remataba o encontro cunha nova vitoria do Lugo na ronda de preparación para a tempada 16/17.