Volve a baixar o número de casos activos por Covid-19 con 37 casos menos

Continúa a baixar o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. No día de hoxe a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que os casos activos son 552, é dicir, 37 menos que onte.

En canto ao total de casos activos en Galicia é de 4.353, deles 999 son da área da Coruña,  743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 583 da de Santiago, 153 da de Ferrol e como dixemos anteriormente, 552 da de Lugo

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 469.694.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com