Volve baixar en Lugo o número de infectados polo Covid-19

Todo parece indicar que a pandemia esta a piques de ser controlada en Lugo, nas últimas 24 horas hai unha persona menos contaxiada. E, aínda que as cousas poden mudar no momento en que se fagan test masivos, os cales necesitamos facer canto antes, de momento as medidas tomadas están a dar resultado.

Como diciamos, é absolutamente imprescindible a realización dos test, para saber que índice de persoas están contaminadas e cantas padecen a doenza sen síntomas pero transmiten o andazo. Esta cuestión é de vital importancia para saber como se comportará o Covid-19 cando chegue o outono, pois se agora nos beneficiou a pouca expansión da pandemia, isto pode ser un problema cando pase o verán, pois ao haber poucos contaxios, tamén haberá menos persoas inmunizadas e pode suceder que haxa un repunte forte que volva colapsar de novo as infraestruturas sanitarias.

No informe diario que a Xunta emite os datos segundo a Direcciòn Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade son que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com