Volve o maior evento do baloncesto da provincia, co CB Ensino

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Presidente do Club Durán Maquinaria Ensino, Manuel Durán Ónega, e a directora técnica, Ana Ónega, presentaron esta mañá unha nova edición da Copa Deputación de Baloncesto, que se celebrará o 19 de maio no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. A competición contará coas categorías de: baby basket mixto, benxamín mixto, feminino e masculino; alevín feminino e masculino e infantil feminino e masculino.

As inscricións para os equipos da provincia, continúan abertas mediante o convite enviado desde o Club Ensino aos clubs da provincia ou a través do correo electrónico. Ademais é totalmente gratuíta e inclúe os gastos de transporte e manutención.

Rivera Capón destacou que “dende o Goberno da Deputación tratamos de crear o evento máis grande do baloncesto provincial, xuntando a preto de 400 rapaces nunha xornada que pretende ser deportiva e lúdica, para que os máis novos sintan o deporte máis alá da competición. Este evento convértese tamén nunha boa forma de transmitir valores e de desfrutar do tempo de lecer”.

Cada ano a Copa Deputación lembra a alguén relevante no desenvolvemento do baloncesto na provincia. Dende o Club Durán Maquinaria Ensino, recoñecerán ao recentemente finado Jesús Lence, un dos maiores patrocinadores do deporte na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com