A partir do vindeiro mércores día 14 de febreiro, volven os faladoiros políticos á LugoSiradio. Este primeiro día estarán diante dos micrófonos Alberte Rodríguez Feixoo, exparlamentario do BNG, Álvaro Santos, exvicepresidente dos socialistas na Deputación de Lugo e Carlos Portomeñe exconcelleiro de EU no Concello de Lugo.
O xoves día 15 os paricipantes na tertulia serán, Miguel Couto, exconcelleiro do Psoe no concello de Lugo, Paco Villanueva, exmilitante do BNG e Quique Souto xornalista e analista político.
Programa especial eleccións 18 F
Tamén haberá un programa especial o domingo, xa que a partires das 20 horas, unha vez pechadosos colexios eleitorais, LugoSiradio realizará un programa onde se analizarán os datos que se vaian coñecendo das Eleccións ao Parlamento de Galicia e que se prolongará ata que finalice o escrutineo. Durante as, cerca de tres horas que durará o programa, os analistas políticos que opinan nos faladoiros, irán ofrecendo o seus comentarios e opinións. Alberte Rodríguez Feixoo, Carlos Portomeñe, Álvaro Santos, Miguel Couto e Quique Souto anaizarán polo miudo a xornada eleitoral.