Volven os paseos guiados á praia das Catedrais no mes de maio

Durante este mes de maio volve “Guía tu día” que comezou este ano a facer visitas guiadas polo Monumento Natural da praia das Catedrais para poñer en valor este conxunto de arcos rochosos sito no concello de Ribadeo.
Esta actividade iniciouse o pasado mes de abril e tralo éxito volve en maio. “Unhas visitas ideais para realizar nesta época xa que o areal está máis tranquilo e ainda se pode acceder con mascotas. Están abertas a todo o mundo. Todas elas terán lugar pola mañá coincidindo co horario de baixamar e cunha duración de hora e media.
O xoves 9 de maio será ás 11h, o venres 10 ás 11:30h e o sábado 11 ás 12 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com