Volven subir os casos activos por Coronavirus en Lugo

Nas últimas vinte e catro horas a Área sanitaria de Lugo, sufriu un incremento de dezaoito novos casos por Coronavirus, polo que hai que destacar que os contaxios seguen a subir, aínda que de forma case simbólica +1,  pero suben. Onte foran dezasete. Isto pon de manifesto que non se estan a cumprir as medidas que nos indican as autoridades sanitarias e isto fará que se retrase a erradicación da pandemia. Hoxe os datos de casos activos por Coronavirus en Lugo chegan a cifra de 239 , tres máis ca onte, xa que tamén se produciron altas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.099, deles 721 son da área da Coruña,  267 da de Ourense, 477 da de Pontevedra, 939 da área de Vigo, 354 da de Santiago e 102 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 160 en unidades de hospitalización e 2.889 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.874 persoas curadas, rexistrándose 2.390 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.057.366.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.129.412.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com