Volven subir os casos activos por Covid-19 e os novos contaxios en Lugo

As últimas cifras por casos de Coronavirus na Área de Lugo volven subir e pasan de 173 a 189. Os novos contaxios detectados nas últimas 24 horas foron 26, 16 máis que onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.590, deles 628 son da área da Coruña, 189 da de Lugo, 224 da de Ourense, 417 da de Pontevedra, 655 da área de Vigo, 376 da de Santiago e 101 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 152 en unidades de hospitalización e 2.407 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.738 persoas curadas, rexistrándose 2.371 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.949.092

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com