A organización da Vuelta Ciclista a España anuncia a apertura “dunha investigación interna” logo de que a organización non advertise nin sinalizase un bolardo situado na rúa Castelao que provocou a caída de varios ciclstas.
O accidente na etapa que trascorreu pola provincia de Lugo e que rematou nas rúas do centro da capital lucense provocou a retirada dos corredores Steven Kruijswijk do Team Lotto-NL Jumbo e de Jan Bakelants de AG2R La Mondiale.
Neste sentido, a dirección do evento ciclista sinalou mediante un comunicado que xa se puxo en contacto cos directores de ambos equipos para trasladarlle “as máis sinceiras desculpas”.